viernes, 29 de abril de 2016

O padre isorna nos ha dejado a sus 94 años

Hoxe deixounos aos 94 anos en Santiago o padre Isorna. Este entrañable franciscano fíxose moi popular polas súas aparicións na TVG, onde oficiaba a misa dominical en galego. A súa popularidade axudou notablemente a proxectar  a nosa lingua como idioma da liturxia e así incrementar o prestixio do galego en moitos sectores da sociedade.
O padre Isorna, como era coñecido por todos foi sempre un convencido galeguista, que chegou a ter responsabilidades na orde franciscana en diversos puntos de Galicia, entre eles a capital galega e Pontevedra. Tamén é autor de varias obras de temática relixiosa.
E como non ,participou varios anos en retransmisións de semana santa na televisión de galicia emitindo desde viveiro e ferrol

No hay comentarios:

Publicar un comentario