jueves, 22 de mayo de 2014

ONTE NA VOZ DE GALICIA - A COMPLICADA SITUACION DA BANDA DE BURELA

A Asociación de Amigas e Amigos da Banda de Burela (AABB), quere pór de manifesto publicamente a complicada situación pola que está a atravesar a Banda de Música de Burela. A nosa asociación naceu en 2009 coa idea de potenciar a Banda de Burela e xestionar o funcionamento da mesma colaborando co concello, pero a titularidade da mesma ó mesmo que
os traxes seguen a ser do concello de Burela, aínda que haxa opinións que argumenten, sen
datos nin documentos, o contrario.
Coa aprobación dos orzamentos municipais de 2012, vímonos privados das axudas económicas que percibíamos mediante convenio de colaboración co Concello. Tamén nos vimos gravemente afectados ao ser modificada a ordenanza na que figuraba a exención de taxas na matriculación na Escola de Música para os músicos da Banda. Esta exención tiña como obxectivo favorecer a formación musical dos membros da Banda ao tempo que supuña un pequeno incentivo, tendo en
ADVERTISEMENT
 
conta as actuacións realizadas ao longo do ano en Burela: Ano Novo, Antroido, Semana Santa, Letras Galegas, Festas de Burela, Día sen coches? pero?, aínda así, seguimos a loitar pola Banda de Burela.
En decembro de 2011, e tras manter varias reunións co Alcalde e coa concelleira de Cultura, dende a AABB presentamos unha nova proposta de convenio de mínimos con carácter de urxencia e que entendíamos que era perfectamente asumible por ámbalas dúas partes. Pasa o tempo, e cada vez as cousas están peor, pero,? aínda así, seguimos a loitar pola Banda de Burela.
Sin director
Ao pouco apoio que temos do concello hai que engadir o último feito que significa o intento de desfeita definitiva da Banda: Dende o 1 de marzo de 2014 NON TEMOS DIRECTOR porque esta corporación municipal no conta con él. Pero, aínda vivindo un auténtico ?viacrucis?, seguimos a defender a Banda de todos.
Tras 24 anos de vida, sen apoio institucional do concello e sen vinculación coa Escola de
Música, a sorte da nosa BANDA está botada: En Semana Santa, o Xoves Santo, foi a última
actuación da Banda de Burela, se Deus, e as autoridades locais non o remedian, aínda que
nós sigamos a apostar por ela.
Levamos un tempo de conmocións en Burela: O Torques, o noso ben máis preciado, xa non está no Museo de Lugo. O noso Faro non deu aguantado a violencia dos temporais que sufrimos este inverno, e agora a Banda, outro símbolo de Burela, correrá a mesma sorte aínda que nós, numantinamanete, sigamos a loitar por ela. Os dous últimos anos, o Concello de Burela deixou de pagar a cuota á Federación Galega de Bandas que cubre o seguro dos membros da mesma. Nós non podemos pagar unha cuota que é competencia do concello, pero sí seguiremos implicados en que Burela teña unha banda, porque, aínda así, seguiremos tocando por e para o pobo de Burela. Non pedimos moito: Vinculación coa escola de música, apoio institucional e que paguen ó director e a cuota. Se non temos estas cousas preguntámonos: Onde vas Banda de Burela? QVO VADIS BANDA?

No hay comentarios:

Publicar un comentario