martes, 8 de marzo de 2016

semana santa en betanzos

Xoves Santo,

    Coa Misa da Cea do Señor evocamos aquela cea na cal o Señor Xesús, na noite en que ía ser entregado, amando aos seus que estaban no mundo, ofreceu a Deus Pai o seu Corpo e o seu Sangue baixo as especies do pan e do viño e entregounos aos apóstolos para que os sumisen, mandándolles que eles e os seus sucesores no sacerdocio tamén o ofrecesen.
    CELEBRACIÓNS:
             11:30 horas: Adro de Santa María (en caso de choiva na igrexa de San Francisco) Representación da Paixón        do Señor por conta do grupo de teatro Arume de Pontevedra
      MISA DA CEA DO SEÑOR
             17:00 horas: Residencia García Hermanos
             18:00 horas: Igrexa das Madres Agostiñas
             19:00 horas: Igrexa de Santiago
      HORA SANTA
             23:30 horas: Igrexa de Santiago.
    PROCESIÓNS
      Ás 21:30 horas: PROCESIÓN DO SANTO ENCONTRO
            Desde a Igrexa de Santa María :
            • Paso de Xesús atado á columna.
            • Paso de Xesús Nazareno de Medinaceli.
            • Paso do Cristo da Misericordia ou de “Os Mareantes”.
            Desde a igrexa de San Francisco :
            • Paso do Ecce Homo.
            Desde a igrexa de Santiago :
            • Paso da Virxe Dolorosa.
      Na praza da Constitución :
      CERIMONIA DO SANTO ENCONTRO
      No adro de Santa María :
      CERIMONIA DE DESPEDIDA
    Venres Santo,
         A Igrexa, meditando sobre a Paixón do seu Señor e Esposo e adorando a Cruz, conmemora o seu propio nacemento e a súa misión de estender a toda a humanidade os seus fecundos efectos, que hoxe celebra, dando grazas por tan inefable don, e intercede pola salvación de todo o mundo.
        CELEBRACIÓNS:

        VÍA CRUCIS
               11:00 horas: Na igrexa de Santa María
        SANTOS OFICIOS
               16:00 horas: Residencia García Hermanos
               17:00 horas: Igrexa das Madres Agostiñas
               18:00 horas: Igrexa de Santiago
         

      PROCESIÓNS
        Ás 19:30 horas: SANTO ENTERRO
              Sairá da Igrexa de San Domingos cos pasos do Cristo das Ánimas, A Nosa Señora da Angustia, Santo Sepulcro e Nosa Señora da Soidade
              Acompañarán a Procesión a Banda de gaitas e tambores Zucurrundullo de Castroverde (Lugo) e a Banda Municipal de Música de Betanzos
        Ás 22:00 horas: OS CALADIÑOS
              Sairá da igrexa de San Francisco cos pasos da Santa Cruz e da Nosa Señora das Dores
      N.B. Acompañará esta Procesión a Banda Municipal de Música de Betanzos En ambas as procesións participarán as sopranos Victoria Álvarez e Cristina López

      Sábado Santo,
              Durante o Sábado Santo a igrexa permanece xunto ao sepulcro do Señor, meditando a súa Paixón e morte, o seu descenso aos infernos, e abstense absolutamente do sacrificio da misa.

          SERMÓN DA SOIDADE
          11:00 horas: Na igrexa de San Domingos
          PROCESIÓN DA SOIDADE
          18:00 horas: Sairá da igrexa de San Domingos cos pasos de San Xoán Evanxelista e da Nosa Señora da Soidade
          N.B. Acompañará á procesión a Banda Acotaga de Ferrol e a Banda de Música de Abegondo.
              Segundo unha antiquísima tradición, esta é unha noite de vela en honra do Señor e a Vixilia que ten lugar nesta, conmemorando a Noite Santa na que o Señor resucitou, ha de considerarse como “a nai de todas as Santas Vixilias” (Santo Agostiño). Durante a Vixilia, a Igrexa espera a Resurrección do Señor. Esta Vixilia é figura da Pascua auténtica de Cristo, da noite da verdadeira liberación, na cal, “rotas as cadeas da morte, Cristo ascende vitorioso do abismo”.
          VIXILIA PASCUAL
          20:30 horas: Residencia García Hermanos
          21:00 horas: Igrexa das Madres Agostiñas
          22:00 horas: Igrexa de Santiago

No hay comentarios:

Publicar un comentario